No corazón da Cidade Vella coruñesa, ese labirinto de rúas empedradas que pisaron antano Pardo Bazán e Rosalía, o xardín de San Carlos custodia con devoción o sepulcro do cabaleiro británico sir John Moore. É un lugar máxico: os merlos cantan nas ramas das árbores seculares, as follas murchas alfombran os sus íntimos sendeiros e, ao lonxe, vénse as brancas galerías da Cidade de Cristal, incendiadas polo lume do crepúsculo.
![]() |
| O busto de cabaleiro británico sir John Moore no xardín de San Carlos. |
John Moore naceu en 1761 na cidade escocesa de Glasgow. Moi noviño, con quince anos, comezou a súa carreira militar no Exército Británico. Loitou na Guerra de Independencia dos Estados Unidos e tamén na Rebelión Irlandesa de 1798. Durante a Guerra contra Napoleón, Moore foi nomeado comandante das forzas británicas na Península Ibérica. En 1809, no contexto da Guerra de Independencia Española, tivo lugar a coñecida como Batalla de Coruña o Batalla de Elviña. Os soldados franceses, mellor aprovisionados e superiores en número, perseguiron aos británicos, que trataban de regresar ao Reino Unido por vía marítima. Sir John Moore combatiu ás tropas napoleónicas, gañando así tempo para que os seus compatriotas puidesen ser evacuados. Os británicos combatiron heroicamente ás tropas do mariscal francés Soult mais, nun dos lances da batalla, sir John Moore foi ferido de morte por unha bala de canón. Grazas ao seu sacrificio os seus camaradas puideron regresar sans e salvos aos seus fogares. Debido ao seu honorable comportamento, o mariscal Soult, despois de tomar a cidade, ordenou sepultalo con honores militares.
Desde aquel 16 de xaneiro de 1809, as cinzas do cabaleiro británico descansan na paz do xardín de San Carlos. Dentro do seu sepulcro de mármore, o heroe soña coas pradarías e cos lagos da súa Alba natal, onde caen as lágrimas húmidas das estrelas e se reflicten os sorrisos prateados da lúa. Segundo a lenda, cada 16 de xaneiro, a pantasma da amante de Moore, Lady Hester Stanhope, coñecida como a "Raína Branca de Palmira", regresa dos desertos e das ruínas de Oriente para pasar a noite con él. Xuntos, debaixo do pálido fulgor da lúa coruñesa, rememoran os bicos e caricias que se daban no pasado, nas súas perdidas primaveras das Illas Británicas.
Fragmento do poema do irlandés Charles Wolfe "The Burial of sir John Moore after Corunna", escrito no xardín de San Carlos.
Desde aquel 16 de xaneiro de 1809, as cinzas do cabaleiro británico descansan na paz do xardín de San Carlos. Dentro do seu sepulcro de mármore, o heroe soña coas pradarías e cos lagos da súa Alba natal, onde caen as lágrimas húmidas das estrelas e se reflicten os sorrisos prateados da lúa. Segundo a lenda, cada 16 de xaneiro, a pantasma da amante de Moore, Lady Hester Stanhope, coñecida como a "Raína Branca de Palmira", regresa dos desertos e das ruínas de Oriente para pasar a noite con él. Xuntos, debaixo do pálido fulgor da lúa coruñesa, rememoran os bicos e caricias que se daban no pasado, nas súas perdidas primaveras das Illas Británicas.
Fragmento do poema de Rosalía "Na tomba do xeneral sir John Moore", cuxos versos están gravados a carón dos de Charles Wolfe.
Animámosvos a que visitedes o xardín de San Carlos. Atravesade as súas portas oxidadas que gardan a paz do xardín, percorrede os sus románticos sendeiros, respirade os sus aires perfumados de bicos e de lendas, lede os poemas de Rosalía e Charles Wolfe gravados nos muros en honor do dux británico. Iso sí, tede coidade de non turbar o soño de sir John Moore, cuxas cinzas repousan xa para sempre no xardín de San Carlos, no corazón da Cidade Vella da Coruña.
O sepulcro de sir John Moore no xardín de San Carlos.




Ningún comentario:
Publicar un comentario