As Irmandades da Fala (1916 - 1931) está elaborada polos autores que mencionarei a continuación. A súa aparición vai disposta de maneira paralela ao do libro:
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, coordinador deste libro, nace en Madrid no ano 1978 e fórmase como investigador na Universidade de Santiago de Compostela. É especialista na historia do nacionalismo galego. Os seus temas centrais de estudo e investigación son a historia do nacionalismo galego, os movementos sociais no tempo contemporáneo e a didáctica das Ciencias Sociais.
Carlos Fernando Velasco Souto, nado en Tomeza (Pontevedra) no ano 1958, é un historiador galego. Doutor en Xeografía e Historia pola USC no 1985, exerce como profesor titular de Historia Contemporánea na UDC. Como investigador está especializado en temas de historia social de Galiza, e é autor de varios libros e artigos en revistas especializadas.
Dionísio Pereira, nado na Coruña no 1953, é un economista e historiador galego. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como profesor de Ensino Medio.
María del Pilar García Negro, nada no ano 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega. Dende 1991 é profesora da UDC, sendo profesora titular desde 1995. Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo; publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao etc.
Justo Beramendi González, nado en Madrid no ano 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego. Doutorado en Historia na USC, foi cofundador do Museo do Pobo Galego, membro fundador da Fundación Castelao e director dunha sección na Fundación Vicente Risco. Especializado na historia das ideoloxías e nos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez e Ramón Villar Ponte, entre outros.
Xoán Carlos Garrido Couceiro, nado na Estrada no ano 1965, é un sindicalista, profesor de filosofía e historiador galego. Colaborador do Sindicato Labrego Galego nos anos 90, do que foi responsábel da súa publicación mensual Fouce. É militante da UPG, membro da Aula Castelao de Filosofía, da Fundación Alexandre Bóveda e da Fundación Bautista Álvarez.
Xesús Torres Regueiro, nado en Betanzos no ano 1957, é un escritor galego. Mestre desde 1979, traballa no ensino. Vinculado ao asociacionismo cultural de base na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e na desaparecida Asociación Cultural Betanceira. Coordinou A Xanela e Revista Cultural das Mariñas, ademais ten colaborado en A Nosa Terra.
Aurora Marco López, nada en Teruel o de 1948, é unha ensaísta galega. Doutora en Filosofía e Letras pola USC, exerce de catedrática de Lingua e Literatura Galega na mesma. É presidenta da Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y Literatura.
Ramón Rodríguez Palleiro, Moncho do Orzán, naceu no ano 1985 na Coruña. Formouse no mundo da gaita, e actualmente estuda o Grao Profesional de Acordeón. É corista, actor e arquiveiro de Cántigas da Terra. Investiga o pasado e o presente dos Coros Galegos, poñendo de relevancia a súa importancia dentro da cultura propia. Periodicamente escribe artigos de divulgación en xornais galegos e na revista A Xanela dentro da súa sección de folclore.
Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado na Pastoriza (Arteixo) no ano 1962, é un escritor e crítico literario galego. É un dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego. Henrique traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Actualmente, exerce como profesor de lingua e literatura no IES Agra do Orzán, da Coruña, e na UDC.
As Irmandades da Fala (1916-1931) é unha obra composta por dez capítulos, escritos coa intención de homenaxear no seu centenario ás Irmandades da Fala. Cada capítulo é desenvolto por un autor ou autora cunha alta formación no que se está a comentar. Pódese dicir que, ainda que o tema a tratar en cada episodio é, por decilo de algunha maneira, autónomo, o eixe central son as Irmandades.
É un libro composto por 292 páxinas, estructurado do seguinte xeito: Prólogo, Agrarismo e mobilización campesiña no abrente do século XX (I), O movemento operario galego no tempo das Irmandades da Fala (II), A resurrección da lingua nas Irmandades da Fala (III), As Irmandades da Fala e o nacemento (IV), As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (V), As Irmandades da Fala. Do individual ao social, do sectorial ao global, do local ao nacional (VI), As Irmandades da Fala de Betanzos (VII), A presenza femenino nas Irmandades da Fala (VIII), As orixes dos coros galegos. Os vinte primeiros anos de Cántigas da Terra (IX) e Teatro arredor das Irmandades da Fala (X).
No transcurso da lectura do libro vamos achando unha serie de contidos que, a moitos de nós, seméllansenos descoñecidos. Atrae a atención a cantidade de relacións (e correlacións) xeradas en torno a esta agrupación, e das que, posibelmente, nunca fomos conscientes (non deberíamos ter de ler un libro co fin de recensionalo para sabermos estas cousas). O tema do agrarismo resulta interesante xa que nos marca a contextualización histórica: o antes, durante e despois. Xa desde este capítulo vamos observar os altibaixos sufridos en cada apartado das Irmandades, desde o histórico, o político, o ideolóxico e o social como tamén a ruptura que virá da man da dictadura no ano 1936.
Como estudante de filoloxía, as cousas que terei de salientar rodearán mormente ao tema lingüístico máis que o histórico. Por unha banda, no caso da sociolingüística particularmente tratado por Pilar García Negro, chócanos certas contradiccións (facendo unha comparación ca actualidade) como cando se comenta: a Real Academia Galega realizaba todos os seus actos en español, contravindo así a intención e os intereses de realce da lingua galega. A asimilación que temos da realidade non ter de ver co inicio da mesma. O tratante a presenza femenina é un ar novo, ainda que tamén presenta algunha incerteza: tivo lugar unha xunta xeral na que foi elixida a directiva da sección femenina da Coruña. […] Quen tomou a palabra foron os compañeiros, non elas. Resulta evidente pararse nestas palabras ao chocar co que hoxe temos por habitual. Por outra banda, a aportación de Moncho do Orzán co eido musico-popular é unha grata sorpresa; a ruptura da mofa polo uso do traxe do país no entroido, ser Aires da Terra un grupo composto por intelectuais, a reivindicación do noso como tamén o impulso do teatro.
Como conclusión final, compre salientar a practicidade deste libro. Nel concéntrase moita información de forma sintetizada, o que fai posíbel un óptimo entendemento para o estudantado, facilidade de búsqueda pola súa estructuración e asequibilidade de lectura. Unha das cousas máis chamativas pode dicirse é a maneira en que compactan tantas voces: aínda que todas estas persoas teñen unha alta formación académica, poden existir variacións no momento de escribir. A fluidez de varias voces ao longo do libro é notábel mais debo comentar un capítulo no que se depaupera esta sensación: As Irmandades da Fala. Do individual ao social, do sectorial al global, do local ao nacional (VI). Neste episodio aparece una dificultade para entendermos o que se está a tratar: Quizais por mor dalgunha construcción que torna o filosófico ou polo uso de palabras moi específicas das que o estudantado no termina de comprender, posíbelmente por falta de formación no respectivo a este capítulo. Porén, a idea principal si é percibida.
Considero, pois, que é unha obra recomendábel para aquelas persoas que busquen coñecer as Irmandades da Fala sen un asoballamento de información.
Ge Szymborska
Ningún comentario:
Publicar un comentario