Solo vexo fachendosos
a unha e outra banda
egoísmo e interese
difamando a nosa fala
o que esquece o pasado
non ten sentimento
e ti miña terra!
Fermosa e sinxela
deíxame darche unha aperta
Hoxe arrecende a novo, a limpo, a ansias de comezar.
O nacemento deste blog ven da man de tres tolos das letras. Non pretendo enganar a ninguén, é o que hai. Un tolo imaxinador de mundos imposíbeis, o perfecto barroco que se reflexa no valleinclanismo e unha tola que non é capaz de distinguir cando é realidade e cando ficción o que acontece na súa mente.
Pouco a pouco iremos desenvolvendo os mundos que nacen (e morren) nas nosas materias grises. Só poido dicir unha cousa: Preparádevos para o que está de acontecer.
Ge Szymborska
A Coruña, 19 de febreiro, 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario